Monday 20 de May de 2024

Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música


Terá lugar este vindeiro sábado ás 12 horas na alameda de Ordes

A Escola Municipal de Música celebrará este próximo sábado, 30 de xuño, o seu festival de fin de curso. A partir das 12 horas a alameda de Ordes será de todos os alumnos e alumnas, que ofrecerán un recital no que porán de manifesto todo o aprendido ao longo deste último ano académico. Pianos, música e movemento, coros, combo rock, banda de inicio, banda xuvenil, big band e guitarras será do que poidan desfrutar todas as persoas que se acheguen. No caso de que chova a cita trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura.